top of page
IMG-20181008-WA0033.jpg
Anchor 1

Carlos Cernadas é un guitarrista galego nado en Santiago de Compostela en 1988. Criouse na localidade de Rianxo e viviu tres anos en Lisboa, Portugal, onde comezou a tocar a guitarra. Despois de graduarse no Bacharelato comezou a Licenciatura de Belas Artes en Pontevedra, a cal non rematou para poder dedicarse á música. Traballou dous anos nunha orquestra de berbena, dando máis de 150 actuacións por Galicia, Asturias e Castela e León interpretando diferentes xéneros musicais, como: rancheras, cumbias, pasodobles, vals e cancións pop/rock.

Lorna Shore-19.jpg

Simultaneamente estudou en Santiago de Compostela na escola de música Estudio Escola de Música onde impartiu recibiu clases de Alberto Cereijo (guitarra), Suso Atanes (harmonía, arranxos e improvisación), Iván Salgado (produción musical), Kike Albarado (combo), Leo Gianetto (canto), Javier Constenla (piano) e LAR Legido (entrenamento rítmico). Durante a súa etapa nesta escola obtivo unha beca da asociación AIE dous anos seguidos, gravou un EP e tocou con bandas da escola no coñecido local de Jazz Santiagués Dado Dada, ademais de mellorar significativamente os seus coñecementos e experiencia musical. Durante os dous últimos anos nesta escola estivo impartindo clases de guitarra a nenos e adultos no Centro Cultural de Taragoña en Rianxo, comezando así a súa carreira na ensinanza.

Despois de case cinco anos en Estudio, solicitou con éxito unha praza no British and Irish Modern Music Institute (BIMM) de Londres para estudar a licenciatura en Música Creativa. Nesta universidade recibiu clases de John Wheatcroft, Svetlana Bassileva, Simone Tanda, Pete Wareham, Phil Short, Ronan McCullah, Steve Allsworth, Femi Temowo, Phil Baxter, Kostas Magdalinos, Adam Betts, Tom Herbert, Marios Aristopoulos

e James Wilkie entre outros. Durante o seu segundo ano, James Wilkie introduciuno no mundo da música cinematográfica. En outubro de 2018 compuxo música para a súa primeira curtametraxe, premiada no festival Raindance 48 hours film challenge en Londres.

Durante os seus dous primeiros anos en Londres actuou en salas como Nambucca, Under the Bridge, Watter Ratts, The Venue 229, Notting Hill Arts Club, Camden Market, Zigfrid von Underbelly con Selin & The Band (Selin Gecit, Jan Simson, Chris Andrew, Andy Bar). Formación selecionada para tocar no showcase de fin de curso da universidade, e participaron nas finais do concurso Coffe Music Project. En maio de 2018 gravaron un EP nos Buffalo Studios, producido por Dustin Dooley.

Actuou en diversos grupos de covers e temas orixinais, principalmente rock, tocando por Galicia (España). Algunhas destas bandas foron: E.k.o.s (hard rock español), Mustang (covers acústicos), Little Stones (covers de rock) e The Bartenders (versións de rock-pop en formato acústico). 

Carlos é profesor de guitarra. Actualmente traballa na xira da terceira parte do  proxecto 'Sons Of Exodus', que mestura música tradicional galega co rock duro.

Facebook.jpg
bottom of page